Libros de FrÍas Conde Francisco Xavier (2 libros)
COMPENDIO DE GRAMÁTICA GALEGA BÁSICA

Este manual de gramática está pensado para aqueles que queren ter unha primeira abordaxe á lingua galega, tendo tanto un coñecemento mínimo dela canto nulo, a partir doutra lingua románica. Téntase combinar o rigor coa simplicidade, na forma dunha gramática de uso e consulta do galego contemporáneo. Xavier Frías Conde é docente de linguas galega e portuguesa na UNED. É especialista en Lingüística Iberorrománica, ademais de tradutor e escritor.
NOTAS DE SOCIOLINGÜÍSTICA E HISTORIA DA LINGUA GALEGA

Neste libro percórrese a historia da lingua galega desde as súas orixes até os tempos actuais, sen perder de vista a súa estreita relación co portugués. Este camiño mostra o que se falaba na Galecia antes da chegada dos Romanos, ben como o paso do latín para o galegoportugués --coa gramática histórica--, os tempos gloriosos da Idade Media, a decadencia do galego e o seu posterior rexurdimento, até chegarmos aos tempos actuais. Todo iso vén acompañado da clasificación xeolectal do galego actual, ben como unha abordaxe da realidade sociolingüística do idioma, afrontando a...